Córdoba 0-0 Celta

portada 22_1_12O Celta afrontou un dificil partido diante dun Córdoba que presentou unha dura batalla, dominando a posesión do balón durante a maior parte do tempo de xogo, pero sin lograr crear moitas ocasións de perigo na portería de Yoel. Os celestes tiveron varias oportunidades nos últimos minutos do partido que non foron capaces de materializar en goles.

Acadouse finalmente un punto que servirá para non perder posicións con respecto do resto de rivais directos na durísima loita na liga de segunda polos postos de ascenso directo á primeira División.

Córdoba CF: Alberto, Fernández, Gaspar, Tena, Fuentes; López Garai, Javi Hervás (Pepe Díaz, 64 min), Caballero; Borja, López Silva (Quero, 75 min) e Patiño (Fede Vico, 70 min).

Celta de Vigo: Yoel, Hugo Mallo, Oier, Catalá, Bellvís; Oubiña, Álex López (Bustos, 64 min); De Lucas, Mario Bermejo (Joan Tomás, 52 min), Orellana; e David Rodríguez (Toni, 52 min).

Árbitro: Pino Zamorano, do comité castellano-manchego. Amosou cartón amarelo a Caballero, Bellvís, De Lucas, Álex López e Bustos.

Campo: estadio municipal El Arcángel diante de 11.355 espectadores.