Centolos Celestes visita Adegas Val Miñor
Centolos Celestes organiza para tódolos seus socios unha visita guiada á Adegas Val Miñor (O Rosal) na mañá do vindeiro sábado 28 de xaneiro.
O autobús sairá do estadio de Balaídos ás 10:00 horas e regresará a Vigo en torno ás 13:30 horas e a visita ás instalacións e viñedos de Adegas Val Miñor será guiada e incluirá unha degustación de viño.
O prezo desta actividade é de só 10 euros/persona (autobús + visita guiada + cata de viños) para os socios de Centolos Celestes.
De forma complementaria tamén haberá un xantar entre tódolos Centolos, que o desexen e participen na actividade, despois de chegar de regreso nun mesón nas inmediacións do estadio de Balaídos a prezos moi populares.
Tódolos socios centolos interesados en participar deberán contactar urxentemente coa Centola Noelia para apuntarse.

