Irmanamento coa peña Norte Celeste de Coruña

portada norte celesteNa xornada do pasado sábado 4 de febreiro, durante o VI Reto Bareto na macroprevia do partido Celta-Murcia organizada por diferentes peñas ó longo da avenida de Fragoso, fixeron o seu estreno e desprazamento a Balaídos a peña celtista Norte Celeste de A Coruña.

Na terceira parada do percorrido do VI Reto Bareto, na Tapería Arredemo, local habitual das previas de centolas cando o Celta xoga en Balaídos, fixemos entrega dunha bufanda oficial de Centolos Celestes ó presidente de Norte Celeste en presencia tamén do resto de integrantes da expedición norteña a Vigo.


Con este presente quixemos dende Centolos Celestes agradecer a presencia, desprazamento e participación desta peña celtista en A Coruña, que consideramos realiza unha labor impagable agrupando ós celtistas nesa complicada cidade e tentando tender pontes e lazos que fagan menos hostil a convivencia entre as afeccións rivais.

artigo norte celeste

O presidente de Centolos Celestes entregando a bufanda ó presidente de Norte Celeste.