Viaxe co Celta a Valladolid
O vindeiro sábado 3 de marzo o Celta disputará en Valladolid a partir das 18:00 horas un importantísimo partido na loita polos postos de ascenso directo á Primeira División cun durísimo rival na loita.
A Federación de Peñas do Celta organiza unha viaxe masiva da afección celeste ó estadio José Zorrilla, no que colaboramos dende Centolos Celestes, coordinando a expedición de alomenos un autobús con socios para asistir a este partido.
Esta viaxe en principio estaba anunciado dende o comezo da tempada como subvencionado polo R.C. Celta, pero ó non xurdir patrocinadores nin lograr acordos con ningún sponsor ou institución, o coste deste será sufragado íntegramente entre tódolos celtistas que se desprazen.
A viaxe a Valladolid é de ida e volta no mesmo día. Os autobuses sairán ás 08:00 horas do sábado 3 de marzo dende Balaídos e regresarán a Vigo ó rematar o partido. Tódolos inscritos deberán estar en Balaídos ata 30 minutos antes da saída dos autobuses.
O custo da viaxe é de: 20 euros/persona (praza autobús) + 25 euros/persona (entrada no estadio de Valladolid). O pago da viaxe se formalizará no momento de inscribirse e os socios que se apunten deberán ter pagada a cota de socio do ano pasado.
Para inscribirse a abonar a viaxe tódolos interesados deberán acudir ó local da porta "11,5" baixo a grada de Marcador no seguinte horario:
-
- Xoves 23 de febreiro de 19:00 a 21:00 horas.
- Domingo 26 de febreiro de 11:00 a 12:00 horas (partido Celta-Almería).

