Quen Somos

quensomos 01A Peña Celtista Centolos Celestes de Vigo nace un 28 de marzo do ano 2007 tras dous anos de duro traballo, con poucos recursos, pero con moita ilusión. Con un claro compromiso Viguista e unha identidade fortemente galeguista, dende Centolos Celestes quixemos sempre aportar un aire novo o mundo peñista do Real Clube Celta de Vigo.

Por unha banda apostamos pola seriedade na faceta administrativa, tanto interna como coa Federación de Peñas e o Real Club Celta de Vigo, mantendo unhas boas relacións con ambos dende o 2007, e tentando solucionar as diferencias e os problemas dende o diálogo e a responsabilidade.

As relacións co resto de peñas sigue sendo inmellorable dende o comezo, polo que dende Centolos só podemos agradecer a todas e cada unha das peñas, agrupacións, colectivos e xentes en xeral cos que nos atopamos no camiño, toda a axuda e cariño que vimos recibindo dende fai catro anos.

Se falábamos antes de seriedade, de responsabilidade, compre salientar que o campo de actuación dunha peña está no estadio, no vello Balaidos, e é ahí onde tentamos deixar os nosos folgos tódalas xornadas para animar ó noso equipo. Marcador, a bancada máis animada, é o noso particular balcón, onde levamos catro dos nosos case cinco anos de existencia.

quensomos 02Se facemos un percorrido pola breve historia de Centolos, dentro do noso primeiro ano de existencia, quixemos proxectar a peña, dala a coñecer a través do noso compromiso celtista. Fixemos viaxes, dende Melgaço a Huelva, creamos o escudo, a primeira pancarta, os primeiros socios. En definitiva, desenrolamos o concepto 'Centolos Celestes', baseado nun celtismo integrador e innovador.

Deste primeiro ano destaca todo o relacionado co movemento “Campo Novo Xa”, ideado dende a Peña e desenrolado e apoiado pola meirande parte das peñas do RC Celta e polo Celtismo en xeral. Compromiso da peña orientado a dignificar o recinto Vigués, vetusto estadio dun histórico da liga española.

O segundo ano, foi o ano de “Centolos Music” unha plataforma que poderíamos considerala de intercambio e promoción da música feita na Área de Vigo, chegando a toda Galicia e Portugal. Grupos como Drumdrama, Pániko en las Calles, Rever, Aid ou Phantom Club pasaron por Cmusic e deixaron pegada coas suas entrevistas e adicatorias. Centolos Music supuso un paso orixinal e transversal da peña, que tamén lle axudou a autopromocionarse e medrar.

A medida que se ían implementando actividades, proxectos, o número de socios foi incrementando, e pouco a pouco, fóronse estreitando relacións entre nós, e tamén cos demáis celtistas que nos rodeaban. O terceiro ano, foi un ano de trocos internos e afianzamento. Nese ano desenrolouse o concepto “xornada celeste” en compaña de Comando Celta, nun ano moi duro dende o punto de vista deportivo. A “xornada celeste” non consistía noutra cousa que entender o partido de Celta como un “día Celta”, facento xuntanzas e actividades relacionadas, dende a mañá ata a noite, fomentando a unidade entre os poucos que nos xuntábamos en Balaidos.

quensomos 03A tempada 2010-2011 e a do crecemento total de Centolos Celestes, acadando os 85 socios, algo impensable en tempadas pasadas. Moitos destes socios están ainda repartidos entre as distintas bancadas, e é traballo de futuro o xuntarmos todos en Marcador co paso do tempo.

Nesa tempada, fixemos actividades conxuntas con celtistas e outras peñas. Viaxes, comidas, ceas, xuntanzas dos luns, actividades no nadal, creación de saias celtas, manufactura de bufandas tradicionais, os descensos de Fragoso, e un longo etcétera.

As actividades con peñas celtistas de fora e con peñas doutros equipos tamén son comúns nunha peña que entende o fútbol e o Celtismo como unha ilusión integradora. No ano 2011 aínda son moitos os proxectos e ideas que temos en mente, polo que non podemos pensar que isto tarmine aquí, pola contra, temos o convencimento de que á peña quédanlle moitos goles que celebrar.

A paixón creativa dos membros da peña, a liberdade, a enerxía, a orixinalidade e o respecto, fan que cada día sexan máis os Centolos e Centolas que acuden xuntos a Balaídos. Seren Celtistas é unha das meirandes sortes que temos, así medramos e así morreremos...

SEMPRE CELTA!