Centolos Celestes

  • Ir ao contido
  • Ir á navegación principal e identificarse

Ver busca navegación

Navegación

  • Inicio
  • Quen somos
  • A Directiva
  • Faite soci@
  • Axenda
  • Tenda
  • Foro
  • Enlaces
  • Contacto

Buscar

  • Centolos
  • Informe Centolo (I)

O máis leido

  • Viaxe co Celta a Valladolid
  • Encontro con Morriña Celeste
  • Irmanamento coa peña Norte Celeste de Coruña
  • Centolos Celestes visita Adegas Val Miñor
  • Nova bufanda oficial de Centolos Celestes 2011
  • Entrega da bandeira Fodechinchos

Entrega da bandeira á sección Barcelona

portada centolos bcnHai unhas semanas, o pasado 4  de febreiro, despois de disputarse o partido Celta-Murcia, a nosa compañeira e vogal da Directiva de Centolos Celestes, Noelia Mayán, fixo entrega dunha bandeira oficial da peña confeccionada expresamente para ó noso socio e destacado representante na cidade de Barcelona, o cabaleiro e grande celtista Marce Jiménez Pérez.

+info

Oferta de entradas a 10 € para socios do Celta

portada oferta gradaO Celta lanzou esta semana unha importante iniciativa para recabar máis apoio nas bancadas de cara ó importantísimo partido contra o Almería este domingo 26 de febreiro ás 12:00 horas; e paso, premiar a fidelidade e o apoio dos seus socios.

Para este vindeiro partido cada abonado pode mercar ata tres entradas para a mesma grada por só 10 euros cada unha, excepto na bancada de Fondo onde estarán dispoñibles por 5 euros.

+info

Celta 2-0 Elche

portada 19 02 12O Celta deu un golpe de autoridade no estadio Martínez Valero cunha victoria que o mantén unha semana máis na segunda posición da táboa. Os celestes foron mellores que o Elche na primera metade, na que tiveron dúas ocasións de gol moi claras, e na segunda parte aproveitaron as expulsións de ata tres xogadores rivais para acadar un merecido triunfo. Os nosos tantos foron materializados por Quique De Lucas e Álex López.

+info

Viaxe co Celta a Valladolid

portada valladolidO vindeiro sábado 3 de marzo o Celta disputará en Valladolid a partir das 18:00 horas un importantísimo partido na loita polos postos de ascenso directo á Primeira División cun durísimo rival na loita.

A Federación de Peñas do Celta organiza unha viaxe masiva da afección celeste ó estadio José Zorrilla, no que colaboramos dende Centolos Celestes, coordinando a expedición de alomenos un autobús con socios para asistir a este partido.

+info

Máis artigos

  1. Celta 4-1 Recreativo
  2. Irmanamento coa peña Norte Celeste de Coruña
  3. Ruta celtista polo Monte Galiñeiro
  4. O centolo Rubén de Marina publica en libro a sua obra Bruxismo
  5. Encontro con Morriña Celeste
Tenda Centolos Celestes
O Faneco - Casco Vello (Vigo)
Taperia Arredemo

Feito por 100Tolos®