Faite centolo!

faitesocio 01Dende Centolos Celestes tentamos dinamizar e animar durante toda a tempada a bancada de Marcador, no lateral coa grada de Rio, onde nos sentamos durante os partidos que o Celta disputa en Balaídos.

Tamén desenrrolamos múltiples inciativas ó longo do ano para crear celtismo e afección, e organizamos actividades exclusivas para os nosos socios da nosa peña, como cenas, comidas, festas, excursións, etc. que irán enchendo a vosa axenda personal cada mes.

Pertencer á peña celtista Centolos Celestes tamén ten determinados beneficios e descontos en determinados negocios e locales de Vigo que están rexentados en moitos casos por membros da nosa peña e que irás descubrindo pouco a pouco.

O único requisito para pertencer á peña celtista Centolos Celestes é a de abonar a cuota anual de socio segundo a seguinte táboa de prezos (en vigor a setembro de 2011):

faitesocio 02

O período de pago da cuota anual é do 1 de setembro ó 31 de decembro do presente ano, ou por defecto, no momento de ingresar na nosa peña.