Oferta de entradas a 10 € para socios do Celta
O Celta lanzou esta semana unha importante iniciativa para recabar máis apoio nas bancadas de cara ó importantísimo partido contra o Almería este domingo 26 de febreiro ás 12:00 horas; e paso, premiar a fidelidade e o apoio dos seus socios. Para este vindeiro partido cada abonado pode mercar ata tres entradas para a mesma grada por só 10 euros cada unha, excepto na bancada de Fondo onde estarán dispoñibles por 5 euros.
Os abonados poden mercar estas entradas ata este sábado. Estarán dispoñibles nas oficinas de abonados situadas no estadio de Balaídos en horario de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, e o sábado na taquilla do estadio co mesmo horario.
O día do partido non se poderán mercar estas entradas a prezo reducido.