Ruta celtista polo Monte Galiñeiro

monte galinheiroDende Centolos Celestes pretendemos organizar ó longo deste ano, e de forma paralela ó calendario da liga, diversas actividades lúdicas non relacionadas directamente co Celta, para coñecer o entorno e ter ocasións de coñecernos máis entre tódolos membros desta gran familia celtista.

Dentro de estas actividades, e despois da boa acollida que tivo a interesante visita a Adegas Val Miñor, agora pretendemos organizar unha ruta de sendeirismo de 4-5 horas pola Serra do Galiñeiro, prevista para a xornada do domingo 12 de febreiro, si a climatoloxía o permite.

A saida da excursión será ás 12:00 horas dende o Bar Vincios (estrada Porriño-Gondomar) con previsión de chegada ó cumio da montaña arredor das 14:00 horas para xantar. A ruta pasará ó carón do Parque Forestal do Galiñeiro, o refuxio de escaladores, a Citanía do Galiñeiro, encoro de Zamáns e o complexo de muiños de Maquías. A chegada ó punto de partida está previsto arredor das 17:30 horas.

O roteiro é de dificultade media-baixa e estará guiado por persoas moi coñecedoras desta ruta e do Monte Galiñeiro. Cada participante deberá traer consigo o seu bocadillo e bebida. Si ben pasaremos a carón de varias fontes é recomendable traer unha botella de auga na mochila. Tamén cada participante deberá vir equipado con roupa cómoda e calzado axeitado para camiñar polo monte. É moi recomendable traer algún tipo de bastón para apoiarse no tramo máis complicado da ascensión ó monte, e para axudarse a frenar no descenso.


mapa galineiro


A inscripción é de balde e está aberta a tódolos socios de Centolos Celestes e celtistas en xeral que desexen apuntarse. Coa intención de calcular previamente o tamaño da expedición, pedimos que tódolos interesados se apunten con antelación enviando un correo indicando o seu nome, apelidos, idade e número de teléfono ó noso correo This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.