O centolo Rubén de Marina publica en libro a sua obra Bruxismo
- Detalles
- Publicado o Mércores, 18 Xaneiro 2012 21:48
O noso compañeiro centolo, Rubén de Marina, acaba de publicar en forma de libro a sua obra titulada Bruxismo. Ésta foi concebida para representarse en pequenos espazos e escenarios e apresenta a dous amigos nunha salón dunha casa calquera que nunha noite de esmorga e de sentimentos se atopan para coñecerse de verdade despois de cohabitar xuntos moitos anos pero sin profundizar na relación.
Dende hai uns días, o texto teatral de Bruxismo pode disfrutarse en formato libro, editado por Ocho y Medio, unha librería de Madrid especializada en obras sobre cine e audiovisual, que selecciona contadas obras teatrais para transformalas en papel. Xusto o pasado 14 de xaneiro, a continuación da presentación do libro, representouse no espazo da librería a obra teatral.
Dende Centolos Celestes queremos felicitar ó noso compañeiro Rubén polo seu traballo que comeza a colleitar froitos e agardamos atentamente a ocasión de que achegue o seu traballo artístico á Vigo novamente, despois de compartilo connosco o pasado ano coa representación de Bruxismo na sala de teatro Ensalle.
Moitos parabéns, Rubén.