Celta 2-0 Elche
O Celta deu un golpe de autoridade no estadio Martínez Valero cunha victoria que o mantén unha semana máis na segunda posición da táboa. Os celestes foron mellores que o Elche na primera metade, na que tiveron dúas ocasións de gol moi claras, e na segunda parte aproveitaron as expulsións de ata tres xogadores rivais para acadar un merecido triunfo. Os nosos tantos foron materializados por Quique De Lucas e Álex López.
Elxe.: Juan Carlos, Flaño, Etxeita, Héctor Rodas, Beranger, Mantecón, Generelo, Perico (Cristóbal, min.68), Xumetra, Nicki Bille (Pelegrín, min.83) e Ángel (Verdés, min.66).
Celta: Sergio, Hugo Mallo, Oier, Túñez, Roberto Lago, Oubiña, Álex López, De Lucas (Toni, min.85), Mario Bermejo, Orellana (David, min.56) e Iago Aspas (Joan Tomás, min.46)
Goles: 0-1, min.83: De Lucas; 0-2, min.93: Álex López.
Árbitro: Valdés Aller, do comité castelán leonés. Expulsou con vermella directa no banquiño a Linares (min.40) e a Flaño (min.61), e con dobre amarela a Generelo (min.61) e Beranger (min.81) e amonestou a Mantecón, Beranger, Ángel, Bille, Iago Aspas, Álex López, De Lucas e Oubiña.
Campo: estadio Martínez Valero con presencia de medio centenar de celtistas e representación das peñas Centolos Celestes, Comando Celta e Blau Cel.