|
|
ALTAS E RENOVACIÓNS NA PEÑA PARA A TEMPADA 2010-2011 |
|
martes, 31 de agosto de 2010 |
Comeza unha nova tempada, e un ano máis Centolos Celestes mantén conxeladas as cotas anuais tanto para altas como para renovacións de socios. Dende o presente 1 de setembro ábrese o prazo para a renovación coma socio da peña, ou solicitar a alta daqueles novos centolos celestes que desexen sumarse a festa nas bancadas. Polo tanto, tódolos interesados que desexen abonar as correspondentes cotas ou solicitar a incorporación á peña, deberán dirixirse ao noso tesoureiro Pablo Ruiz, ou mandando un correo ao noso e-mail.
|
|
Leer más...
|
|
XORNADA AGRIDOCE NO ARRANQUE DA LIGA |
|
lunes, 30 de agosto de 2010 |
R.C. CELTA DE VIGO 1 - 2 BARCELONA B
Goles: 0-1, min. 28: Jonathan Soriano; 0-2, min. 45: Fontás; 1-2, min.75: David.
Árbitro: Melero López, do comité andaluz. Amonestou a Joan Tomás, Carmona e Rubén Niño.
Campo: Estadio de Balaídos, 9.782 espectadores.
R.C. Celta: Falcón, Hugo Mallo, Sergio Ortega, Túñez, Roberto Lago, López Garai. Álex López, Trashorras (Joan Tomás, min.56), De Lucas (Michu, min.71), David e Papadopoulos (Dani Abalo, min.59).
Barcelona B: Rubén Niño, Montoya, Fontás, Bartra, Romeu, Planas, Thiago, Jonathan dos Santos, Nolito, Jonathan Soriano (Saúl, min., 75) e Benja (Carmona, min.62)
Este pasado sábado 28 de agosto iniciouse a tempada 2010-2011, nunha primeira xornada de festa celeste e bautismo centolo para os novos membros da peña, con un final agridoce nas bancadas do estadio vigués de Balaidos. O R.C. Celta de Vigo encadeou o seu quinto ano consecutivo sen unha vitoria na primeira xornada de Liga. Unha vez máis un equipo recén ascendido coma o filial azulgrana ocasionoulle unha derrota que, a pesares de ser inxusta, resultou cando menos un pouco frustrante. |
|
Leer más...
|
|
VIAXE CENTOLA DE PRETEMPORADA A MELGAÇO |
|
viernes, 13 de agosto de 2010 |
LEIXOÊS S.C. 1 - 1 R.C. CELTA DE VIGO
Goles: 1-0, min. 42: Dener; 1-1 min. 52: David.
O pasado domingo 1 de agosto vivíuse unha xornada de festa celeste na veciña localidade lusa de Melgaço. O Celta volveu a ofrecer unha boa imaxe no seu segundo partido de preparación da nova tempada ante o Leixoes, un rival moito máis esixente aos anteriores. O Celta levouse o X Trofeo Municipio de Melgaço dende o punto de penalties despois de disputar un partido no que os portugueses se adiantáron no último suspiro da primeira metade cun gol de Dener seguido dun gol de David que igualaba o encontro, xa no comezo dunha segunda parte dominada polos celestes.
Nunha xornada calurosa e soleada asisitiron máis de 1.000 afeccionados ao estadio municipal de Melgaço na ribeira do Miño, ateigado de siareiros celestes, que acudiron á xa habitual "residencia de verán" do equipo vigués nas últimas tempadas. Houbo moita xente coñecida, moi bo ambiente e unha boa actitude do equipo nunha moi boa xornada para o celtismo, xa con gañas de poder pulsar mellor a capacidade real do Celta para a vindeira tempada.
Como non, Centolos Celestes seguiron ao Celta nunha viaxe que, ademáis de deportiva, tivo un alto contido lúdico-festivo. Dez membros da peña, acompañados pola xente de Comando Celta partiron, pola mañá, dende o estadio de Balaídos en autobús rumbo ao localidade miñota. A previa do partido comenzou ben cedo con bombos, bandeiras e unha nova pancarta co nome da peña. Comeron, bailaron e xogaron ata comezada a tarde baixo a sombra dun merendeiro próximo para continuar despois a troula a remollo no estupendo complexo de piscinas municipais ao carón do estadio de Melgaço. |
|
Leer más...
|
|
CENA III ANIVERSARIO CENTOLOS CELESTES |
|
miércoles, 28 de abril de 2010 |

Este pasado sábado 24 de abril se celebrou o III Aniversario da nosa pe ña celtista, Centolos Celestes, cunha cena no Mesón Casa Soutomaior (rúa Joaquín Loriga, Vigo) a partir das 22.00 horas, na que asistiron todos aqueles centolos e centolas que quixeron e puideron, máis de 30 amigos, compañeiros de bancada e celtistas, e que fixeron tremer a noite viguesa co son das suas celestes pinzas centolas aló por onde pasaban.
Durante o transcurso da cena se fixo entrega dos novos carnets centolos entre os socios presentes e sorteo de diversos agasallos, nunha velada que se extendeu, para moitos ados sistentes, ata o amencer do día seguinte.
A tódolos presentes nesa grande noite que perdurará gravada na memoria durante moitos anos, e aos que non estiveron presentes pero nos acompañaban no sentimento e ledicia dende a distancia, queremos decirlles, ¡¡GRAZAS!!
GALERIA DE FOTOS DA CENA
|
|
A BANDEIRA DE CENTOLOS CELESTES NA TV |
|
miércoles, 10 de junio de 2009 |
|
Este domingo vivimos un dia moi especial, o noso Celta salvouse nun partido agoóico, non apto para cardíacos. Hoxe traemos un resumo do partido, fixadevos nos ultimos intres do primeiro video que veredes a nosa bandeira ondear na television...
TELEVISION DE GALICIA
NOTICIAS: DEPORTES CUATRO
|
|
Leer más...
|
|
|
|
|
|
|